BOLERO (Maurice Ravel)

Casa Cultural de Santa Cruz de Ribadulla. (30-12-2012).
Director: José Rodriguez Ramos.

Este Bolero é unha obra musical do compositor francés ‘Maurice Ravel’ (1928). É a única obra da que o músico afirmou claramente haber superado o desafío que se tiña fixado con anterioridade. Estreouse na ‘Opera Garnier’ en París o 28 de novembro ese mesmo ano baixo a dirección de ‘Walther Straram’.

A bailarina rusa ‘Ida Rubinstein’ de 42 años, rica empresaria, encargoulle a Ravel que compuxera un ‘ballet de carácter español’ para ela, xa que ela misma tiña pensado representalo na sua compañía ‘Les Ballets Ida Rubinstein’.

Ravel describe así esta obra: ‘É una danza nun movimento moi moderado e constantemente uniforme, tanto pola melodía como pola armonía e o ritmo, este último é marcado sin cesar polo tambor. O único elemento de diversidade é aportado polo ‘crescendo orquestal’. A ‘suite’ de solos instrumentais fai destacar os talentos individuales pero tamen a homoxeneidade colectiva xa que todos os membros da orquesta participan por igual en un acompañamento imperturbable.

O ‘ritmo’ adoptado por Ravel é o ritmo típico do bolero (danza de orixe cubano) en 3 tempos pero coa indicación ‘Tempo di bolero moderato assai’ (tempo de bolero moi moderado). A danza original, tradicionalmente acompañase de castañuelas ou de panderetas, pero Ravel elixeu o tambor de orquesta para marcar o ritmo da danza. A rítmica comprende 2 compases casi idénticos, con una variación mínima no terceiro tempo do segundo compás. El ‘ostinato’ (sucesión de compases con unha secuencia de notas das que unha ou varias se repiten exactamente en cada compás) é repetido por unha e despois duas caixas orquestais desde o primeiro o antepenúltimo compás, e logo sigue o gran ‘crescendo’ para ser finalmente tocada polo conxunto da orquesta na ‘coda’ (Sección musical o final dun movimento a modo de epílogo).

O ‘tempo’ (velocidade coa que debe executarse una peza musical) da obra é sempre o mesmo, inmutable de principio a fin ‘tempo di bolero, moderato assai’.

A ‘melodía’ (sucesión de sonidos que é percibida como unha sola entidade) é envolvente e inspirada en temas hispano-árabes. Ravel a describeu como simple e sen artificios.

A versión orquestal da obra foi estrenada tamen en París, o 11 de xaneiro de 1930, con Ravel o frente da orquesta dos ‘Concerts Lamoureux’ (Orquesta fundada en París por ‘Charles Lamoureux’ en 1881 que daba un concerto cada semana).

A pesar de Ravel dixo que consideraba o traballo como ‘un simple estudo de orquestra’ o Bolero esconde una gran orixinalidade e por eso a versión de concerto é unha das obras máis executadas en todo o mundo. En 1993 permanecía no primeiro lugar da clasificación mundial da ‘Société des auteurs, compositeurs et éditeurs de musique’ (SACEM).

Instrumentación do Boléro:
Cordas: Violins primeiros, violins segundos, violas, violonchelos, contrabaixos e un arpa.
Madeiras (Vento-madeira): 1 flautín, 2 flautas (unha tocando tamén o flautín), 2 oboes (un tocando un oboe de amor), 1 corno inglés, 2 clarinetes en si bemol (un tocando o requinto en mi bemol), 1 clarinete baixo en si bemol, 2 fagots, 1 contrafagot, 1 saxofón soprano e 1 saxofón tenor.
Metales (Vento-metal): 4 trompas, 1 pequeña trompeta en re, 3 trompetas en do, 3 trombones, 1 tuba.
Percusión: 2 caixas orquestais, 3 timbales, bombo, platillos, tam-tam e celesta.
—————————————————–
Banda de Música ‘Santa Cruz de Ribadulla’.
15880 Santa Cruz de Ribadulla
Vedra – A Coruña
Tlf. / Fax: 981.512.053
Móvil: 676.698.845

info@bmscr.es

source: https://dahek.net

Nghe thêm ca khúc Nhạc Trữ Tình: https://dahek.net/category/nhac-tru-tinh

One Reply to “2012 – Nadal – Bolero de Ravel (Maurice Ravel)”

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *